A erupción volcánica na illa do Ferro

A illa do Ferro é de orixe volcánico, coma o resto das Canarias. Estímase a súa idade xeolóxica en 1,12 millóns de anos, polo que é a illa canaria máis xoven. O Ferro é unha das poucas illas do arquipélago canario con actividade volcánica nos últimos 500 anos. Acompáñana Lanzarote, Tenerife e Palma. Das catro, a illa do Ferro é a que presenta menor número de manifestacións, contando só co volcán de Lomo Negro, no noroeste do golfo, que entrou en erupción no 1973.

En xuño de 2011 unha serie de pequenos movementos sísmicos de pequena magnitude desencadean, tres meses máis tarde, concretamente o 10 de outubro, unha erupción submariña ao sur do núcleo pesqueiro de Restringa. Convírtese así na última manifestación volcánica das illas canarias. Isto pódese explicar polo seu proceso de formación. Cara ao 10 000 a.c. o magma rompeu o fondo mariño e creou unha fenda en forma de Y pola que comezou a saír lava. A illa foise formando tomando a forma de Y deixada polas fendas do leito mariño. É eiquí onde, miles de anos despois, se volveu abrir a fenda que ameaza con volver expulsar lava de novo, aínda que de momento non o fixo.

 

Nestes momentos pódese observar unha gran fenda no fondo mariño do núcleo pesqueiro da Restringa. Hai unhas semanas, esta fenda submarina desprendeu material sólido de máis de un metro de lonxitude cara o fondo mariño. A pesar dos incesantes tremores, o desprazamento da codia terrestre ou o tremor ( tamén chamado murmullo de magma) mantéñense en niveis habituais, polo que de momento non se espera que este fenómeno evolucione.


Realización: Fátima Souto Baña, Berta Alejandra Lema Varela, Andrea Santos Cruz e Sandra Castiñeira Martínez (grupo 4)

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Vulcanisno e etiquetada . Garda o enlace permanente.

3 Responses to A erupción volcánica na illa do Ferro

  1. tturbon di:

    Se se fai unha ligazón tan longa… eu penso que hai problemas….Verémolo na clase mañá día 17. Tamén engadín categorías e etiquetas. Tamén hai que saber insertar o video directamente…, sobre todo o máis representativo. En xeral bastante ben, pero podédelo facer mellor…

  2. tturbon di:

    Moi completo. Agora a ver quen traballou máis e quén menos… ou todos o mesmo.

Deixa unha resposta