Buratos negros

Un burato negro está limitado por un horizonte de sucesos do que nada pode fuxir, nin sequera a luz, de aí que sexan “negros”. A materia atrapada no campo gravitatorio dun burato negro usualmente forma un disco de acreación arredor do horizonte de sucesos, e a materia que disipa no seu momento angular no disco vai caendo no furado.

O espectacular fenómeno produciuse a 430 millóns de anos luz de distancia tras a colisión de dúas galaxias. Trátase dun anel de fábula máis alá da imaxinación de calquera home ou muller de este planeta.


Poden ser de tres clases:

-Buratos negros primordiais: orixinados na historia do universo. As súas masas poden ser variadas e ata o de agora ningún foi observado.

-Buratos negros supermasivos: con masas de varios millóns de masas solares. Formáronse no mesmo proceso que dá orixe ás compoñentes esféricas das galaxias.

-Buratos negros de masa solar: fórmanse cando unha estrela coa masa maior ca do Sol esgota a enerxía necesaria para manter as reaccións nucleares que evitan o derrubamento sobre si mesma.

Creado por: Noelia Trillo, Carla Muñiz, Leticia García e Nancy Allo

 

Esta entrada foi publicada en Universo. Garda o enlace permanente.