O volcán da illa de “El Hierro”, que nos deparará?


El Hierro é a máis pequena das illas que forman o arquipélago das Illas Canarias e a máis xoven deste grupo.  Esta illa saltou aos medios de comunicación porque dende mediados de xullo a sua actividade sísmica comezou a aumentar, pero a finais de setembro, esta actividade sísmica comezou a aumentar moito e os focos desprazaronse cara o sureste.
Desprazamento da actividade sísmica
Os hipocentros destes seísmos situan a súa profundidade entre 6km e 18km baixo a illa. Non cabe dúbida de que se deben a movementos e reaxustes de masas de magma baixo a illa. O 28 de setembro, a cantidade total de enerxía liberada polos seismos comezou a aumentar. Durante os días 1 e 7 de outubro, producíronse máis de 70 movementos sentidos pola poboación. Na madrugada do luns (10 de outubro), producíronse erupcións submariñas a menos de 5km. O martes (11 de outubro) as autoridades elevaron a vermello o nivel de alerta, por risco volcánico, e evacuaron a poboación da Restinga.
O volcán fíxose visibel dende a superficie debido ao constante burbuxeo de gases que chegan, e a aparición de fragmentos rocosos, que frotan humeantes. Houbo uns días nos cales a actividade sísimica deixou de producirse, pero apartir do 30 de outubro a actividade sísmica comezou a aumentar de novo (no norte da illa). O luns 31, o volcán do sur da illa volviu a expulsar novas masas de magma. O 2 de novembro detectouse o seísmo máis intenso, cunha magnitude de 4,3º. Todo isto fixo que moitos espertos consideren que é probable que se produzan novos fenómenos eruptivos en puntos diferentes aos iniciais, pero ninguén se atreve a predecilos, xa que científicos anteriores fallaran nisto.
Se queres estar ao tanto dos datos xeolóxicos sobre este volcán, suxerímosche o seguinte enlace:
Aquí vos deixamos este sinxelo video explicativo:
Según algúns xeólogos, hai posibilidades de que se creen unha nova illa. Vós qué pensades?

 

 

Artigo feito por: Nazaret Figueiras Martínez, Pilar Varela Taibo e Roi Fachal Rial (Grupo 1)
Esta entrada foi publicada en Vulcanisno. Garda o enlace permanente.

4 Responses to O volcán da illa de “El Hierro”, que nos deparará?

  1. tturbon di:

    Bastante ben… en xeral, pero o video debe insertarse para facer o post máis atractivo, non poñelo como enlace.Tamén vou puntuar a presentación do artigo, e decir tedes que expoñelo dianta dos vosos compañeiros, e se cadra vos facemos algunha pregunta… eles ou eu, para saber quen traballou máis e quen traballou menos…

  2. baiozas1 di:

    Vale Tomás, aver a próxima clase qué facemos logo! E sí, cando queiras expoñemos o traballo sen problema.

    Nazaret.

  3. tturbon di:

    Déille un toque o voso artigo… Aínda necesita algún retoque que outro… ¡Xa falaremos!

  4. baiozas1 di:

    Vale. Pero os retoques que lle faltan non nolos deixaban facer dende este ordenador polomenos,e en informática vai moi lento.

Deixa unha resposta