Os descubrimentos de Mendel

Antes de Mendel existía o concepto de herdanza mesturada, a descendencia mostra normalmente características similares ás de ambos proxenitores, pero a descendencia non sempre é unha mezcla intermedia entre as características dos seus proxenitores. Gregor Mendel propón a teoría da herdanza particulada (1865) os caracteres están determinados por unidades xenéticas que se transmiten de forma intacta a través das xeracións. Mendel, a través dos seus famosos experimentos con prantas de chícaros aportou á xenética as tres seguintes leis.
PRIMEIRA LEI DE MENDEL: Lei da uniformidade dos híbridos da primeira xeración filial (F1) Cando se cruzan dúas variedades de raza pura (homogocitótico) para un carácter, todos os híbridos da primeira xeración son iguais (xenotípica e fenotipicamente).
SEGUNDA LEI DE MENDEL: Lei da separación ou segregación dos caracteres antagónicos (alelos) Se cruzamos plantas da primeira xeración filial e realízase unha fecundación cruzada obtense unha F2 na que aparece o fenotipo desaparecido na F1. Concluíu que cada planta ten dous factores e cada célula reproductora recibe a metade ó azar (segregación).
TERCEIRA LEI DE MENDEL: Lei da independencia dos caracteres non antagónicos Mendel investigou o que ocorría con dous caracteres fenotípicos, a cor e a textura das sementes. Conseguiu razas puras de chícharos con sementes de testa lisa e amarela e outras de sementes con testa rugosa e verde. Ó cruzalas, na primeira xeración observou que todas as plantas tiñan os chícharos lisos e amarelos. Prantou as sementes e deixou que as plantas se autofecundaran obtendo unha segunda xeración de sementes. Ó cruzar entre sí dous dihíbridos os caracteres hereditarios sepáranse, posto que son independentes, e combínanse entre sí de todas as formas posibles.
EXCEPCIÓNS Á 3ª LEI DE MENDEL: A terceira lei de Mendel só se cumpre cando os xenes se atopan en cromosomas diferentes.
Mendel publicou os seus resultados en 1865, pero recibíu moi pouca atención da comunidade científica dese tempo, posto que osxenetistas desa época traballaban principalmente concaracterísticas continuas e ademais non aplicaban métodos matemáticos para analizar os resultados.No ano 1900, tres investigadores Hugo de Vries, Carl Correns e Eric von Tschermak traballando de forma independiente chegaron á mesma conclusión que Mendel. En 1902 William Bateson demostrou que os principios de Mendel tamén son aplicables ós animais.

VÍDEO ACERCA DOS DESCUBRIMENTOS DE MENDEL:

ARTIGO ESCRITO POR: BERTA ALEJANDRA LEMA VARELA / 1ºA BAC / Nº8

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.